martes, 24 de noviembre de 2020

Corre corre, cabaciña

Dentro das actividades que propón o Equipo da Biblioteca para fomentar o hábito lector e dar a coñecer o noso fondo de libros, está a lectura de contos por parte dos mestres e mestras, como modelos. 

Este curso, debido ás restriccións, farémolo a través da Web.

Aquí tedes o conto Corre corre, cabaciña.

 


 

 

domingo, 17 de noviembre de 2019

NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS

O pasado mes de outubro e coincidindo co tempo de estudo do outono e dos seus froitos, dous dos nosos voluntarios, Pablo Sande e Roque,  decidiron ir a  contarlle o famoso conto da editorial Kalandraka "Corre corre Cabaciña" aos nenos/as de 3 anos.
Fixérono moi ben porque ademáis interpretárono dun xeito moi divertido. 
Aquí podedes ver algunhas fotos dese momento.



CONTACONTOS CON VOLUNTARIOSAS DA BIBLIOTECA

Neste curso 2019/20 Florisoleira conta cun gran equipo de voluntarios/as da clase de 5º E P. 
Unha das actividades que levarán a cabo é a de contacontos, preparando a fondo unha lectura, que irán a realizar a algunha das aulas dos máis pequenos/as.
O primeiro en animarse foi Brais que leu, na aula de infantil de 4 anos, este libro da editorial Émbora. 
TEÑO DUAS CASAS



martes, 15 de octubre de 2019

Samaín na escola

Na nosa biblioteca estamos xa preparados e preparadas para disfrutar do medo. Neste mes poderedes disfrutar da nosa exposición temática de contacontos terroríficos e das distintas actividades preparadas para disfrutar deste tempo de outono. 


jueves, 10 de octubre de 2019

 Benvidos/as á biblioteca

Comezamos un novo curso que esperamos esté cheo de maravillosas lecturas. 
Para comezar, Florisoleira preparou un agasallo para cada clase que a veña visitar, seguramente atoparedes sorpresas que debedes incorporar á vosa biblioteca de aula.
¡Que o disfrutedes! 



martes, 12 de febrero de 2019

Lendo en familia

Aproveitando que temos irmáns pequenos no cole, decidimos preparar un conto para ler aos máis pequenos e compartir a importancia da lectura con eles. Joan escolleu o conto de Chivo Chivones, adapatado con pictogramas para facilitar a súa lectura. Foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto que xa están desexando repetir!





lunes, 21 de enero de 2019

O NADAL ,MELLOR CUN BO LIBRO

Seguindo coa  tradición  dos últimos anos dende a biblioteca escolar propoñemos a o noso alumnado que escriba fermosas cartas a os Reis Magos, Apalpador, Papá Noel ... pero que nunca esquezan nin empregar a nosa fermosa lingua nin pedir un libro que lles interese.

Como axuda nesta terefa enviamos a cada familia, ademais de publicalo neste blog, esta  pequena guía de lecturas