domingo, 17 de noviembre de 2019

NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS

O pasado mes de outubro e coincidindo co tempo de estudo do outono e dos seus froitos, dous dos nosos voluntarios, Pablo Sande e Roque,  decidiron ir a  contarlle o famoso conto da editorial Kalandraka "Corre corre Cabaciña" aos nenos/as de 3 anos.
Fixérono moi ben porque ademáis interpretárono dun xeito moi divertido. 
Aquí podedes ver algunhas fotos dese momento.



CONTACONTOS CON VOLUNTARIOSAS DA BIBLIOTECA

Neste curso 2019/20 Florisoleira conta cun gran equipo de voluntarios/as da clase de 5º E P. 
Unha das actividades que levarán a cabo é a de contacontos, preparando a fondo unha lectura, que irán a realizar a algunha das aulas dos máis pequenos/as.
O primeiro en animarse foi Brais que leu, na aula de infantil de 4 anos, este libro da editorial Émbora. 
TEÑO DUAS CASAS