martes, 27 de noviembre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS 2018/19

Como en anos anteriores, este curso xa están circulando todas as mochilas viaxeiras. Lembramos a todas as familias que no seu interior vai unha mostra de diferentes tipos lecturas que poden atopar visitando a nosa biblioteca; ademais, vai acompañada dun caderno viaxeiro, onde poden deixar as súas impresións, suxestións etc.
Agradecemos o interese mostrado sempre a esta actividade.
           FELICES LECTURAS!!!



OS MÁIS PEQUENOS COÑECEN A NOSA BIBLIOTECA

O alumnado de E. Infantil de 3 anos visitou a nosa biblioteca coa súa mestra Adela, durante esta visita aprenderon onde está ubicada a zona para esta etapa, coñeceron un pouquiño á nosa mascota , Florisoleira, e leron un conto.
Esperamos que vos gustara a biblio e que volvades pronto. 

martes, 13 de noviembre de 2018

APADRIÑAMENTOS LECTORES 2018/19

Como nos cursos anteriores, na cortiza enfronte da biblioteca  están publicadas as  listaxes dos padriños/ madriñas cos seus correspondentes afillados/as. Tamén están indicados os lugares do centro onde ten que realizarse esta actividade.
Lembrade que o último venres de cada mes é cando a levaremos a cabo, dentro do tempo previsto para a hora de ler.

Felices lecturas           Florisoleira


martes, 6 de noviembre de 2018

Os contos de medo na biblioteca

Durante a hora de ler do xoves, 30 de outubro, os nen@s de 4º de E.P. tiveron unha terrorífica sesión de lectura.
Nun ambiente tenebroso escoitaron algúns dos relatos que recollidos da tradición oral por Xosé Miranda  e Antonio Reigosa, veñen no volume 1 de Contos fantásticos da editorial Xerais.
Aquí vai algunha foto



sábado, 27 de octubre de 2018

A bitácora de Florisoleira: Presentación de Florisoleira

A alumna de quinto curso  Estela que é  unha das voluntarias do Equipo da Biblioteca fixo unha lectura dun conto ao alumnado de 1º e 2º. GRACIÑAS ESTELA, o fixeches moi ben.

jueves, 25 de octubre de 2018

RECEITARIO DE FLORISOLEIRA

Durante o pasado mes de setembro, e co ánimo de invitar a o alumnado a  implicarse cada vez máis no seu proceso educativo, Florisoleira propuxo a todas as aulas que fixeran unha receita para ter un bo curso.
Os  ingredientes e a elaboración totalmente libres.. e aquí están algúns dos resultados.





martes, 23 de octubre de 2018

Presentación de Florisoleira

Co gallo da celebración do próximo 24 de Outubro, día das bibliotecas escolares, queremos presentar o blog da nosa biblioteca. 


Queremos agradecer a todos aqueles mestr@s que ao longo de tantos anos traballaron a prol desta biblioteca, facendo unha mención especial á mestra creadora da mascota da biblioteca, Fina Nebril. O nome da mascota foi elixido por todo o alumnado do centro partindo das súas ideas e suxestións: FLORISOLEIRA